Friday 03 de May de 2024

Día do Libro


Ademais da Semana do Libro e da Lectura, que se desenvolverá ao longo da semana do 22 ao 28, e cuxo programa daremos a coñecer en breve, coincidindo coa celebración do Día do Libro realizarase a presentación da obra “Finis Terrae”, do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, na que participará tamén a autora do prólogo, Rosalía Fernández Rial. O acto, organizado polas concellarías de Bibliotecas e Cultura, celebrarase no patio interior do Museo de Bergantiños, ás 20.00 horas.
A entrada é libre e de balde ata completar capacidade.